Quantcast
Channel: PSOE Provincial de Lugo » castroverde
Viewing all articles
Browse latest Browse all 5

Candidatos socialistas para gobernos abertos á cidadanía

$
0
0

O PSOE da provincia de Lugo continúa a perfilar as súas candidaturas para as eleccións municipais do mes de maio.  As agrupacións locais están a pechar as listas coas que concorrerán co obxectivo de liderar os Concellos cun goberno próximo á cidadanía e respondendo as necesidades dos veciños e veciñas dos municipios.

A agrupación socialista de Castroverde propuxo ao actual Alcalde, José María Arias, para encabezar unha vez máis a lista para renovar a alcaldía. O alcaldable, que leva á fronte do Consistorio dende 1.997, opta así á re-eleción para que este municipio continúe baixo a dirección do PSOE.  O obxectivo de Arias é o de seguir traballando para garantir a creación de emprego no municipio e a dotar aos veciños de servizos básicos, que foron “roubados” polos Gobernos do Partido Popular da Xunta de Galicia e do Goberno Central.  O Alcalde de Castroverde volve a encabezar así unha lista que non inclúe grandes cambios nos principais postos, pero si que cumprirá o principio da paridade.

O actual voceiro do PSOE de Ourol,  José Luis Pajón, será o cabeza de lista para as próximas eleccións. Segundo anunciou o propio candidato, cunha lista renovada, o seu obxectivo é acadar a alcaldía e ter unha oportunidade para demostrar que hai outro xeito de facer as cousas. O candidato de Ourol conta cunha ampla experiencia na política municipal acadada ao longo dos anos como concelleiro do PSOE no municipio.

Unha muller será a encargada de asumir a renovación do Partido Socialista en Folgoso do Courel. Natural do municipio, Carmen Álvarez foi elixida por unanimidade como candidata á alcaldía pola agrupación local. A alcaldable asumiu o seu compromiso “de impulsar dende o primeiro día accións para devolver aos veciños a dignidade que perderon co PP”.

Carmen Álvarez márcase como máxima a vontade “de sumar e de traballar dende o respecto e a responsabilidade, e coa esperanza e a ilusión de sumar nun proxecto común os intereses da cidadanía, un proxecto aberto e transparente”.

E en O Páramo, será o actual voceiro socialista o que concorra como candidato a la alcaldía, Pablo Armesto. Afronta o proceso electoral con moita ilusión e co obxectivo de rematar coa situación de desgoberno que padece na actualidade o Concello de O Páramo.

 

 


Viewing all articles
Browse latest Browse all 5

Latest Images